De paso, un apuntamento máis —dalgunha forma relacionado coas desaforadas (e desafortunadas) reaccións que os posts de Manel Fontdevila no seu blog da web do diario Público (aquí e aquí) provocaron entre algúns internautas—, sobre o que é o dereito de autor e sobre como algúns mesturan allos con bugallos e, cun mal entendido espírito libertario, reclaman que a propiedade intelectual é un roubo, curiosamente sen poren antes en dúbida a propiedade en xeral. Naturalmente, hai moito que debater sobre o tema, mais resolvelo da forma en que o fan algúns opinadores clama ao ceo.
En fin, a columna en cuestión pode lerse aquí, e todas as anteriores, aquí.