Logo Bedé Etcetera Blanco

‘A propósito das Cantigas’, en CulturaGalega.org

A nova entrega da miña columna «Entre as viñetas», que vén aparecendo cada cousa de dous meses en CulturaGalega.org, dedícase nesta ocasión a unha certa polémica provocada con motivo da exposición que sobre as Cantigas de Santa María (na súa parte ilustrada) preparou Breixo Harguindey para o pasado Salón de Cangas. A min persoalmente resultoume [...]

‘Compartir lecturas’ en CulturaGalega.org

Moito choio e pouco tempo nestas últimas semanas para comentar acerca das XXII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que se desenvolveron na primeira quincena de outubro (coa edición do número 17 do seu Fanzine, hoxe por hoxe a publicación galega máis lonxeva dedicada á BD, se ninguén o remedia), nin do Club de Lectura [...]

‘Novela gráfica’, en CulturaGalega.org

Hoxe sae publicada a miña nova columna «Entre as viñetas», que aparece aproximadamente cada dous meses dentro da área de opinión do portal CulturaGalega.org. Nestas últimas semanas lin o libro de Santiago García La novela gráfica, e, aínda que globalmente debo dicir que me decepcionou un pouco, a súa lectura absorbeume até tal punto que, [...]

‘A nova «cadea de valor» da edición’, en CulturaGalega.org

Onte saíu publicada a nova entrega da miña columna «Entre as viñetas», en CulturaGalega.org, e nela volvín de novo co tema da edición e o libro dixital. Supoño que moitos lectores considerarán unha praga todos estes artigos sobre un tema que hoxe por hoxe parece absolutamente minoritario, cando non unha excentricidade; porén, non está de [...]

‘Editar en tempos de mudanzas’, nova columna en CulturaGalega.org

Había xa demasiado tempo que non actualizaba o blog —nos parámetros temporais da internet, unha eternidade—, e hoxe é un día inmellorábel para facelo, dado que apareceu a miña nova columna de opinión en CulturaGalega.org, que pode lerse aquí.  Continúo nela co tema da edición, analizando brevemente como está a funcionar o mercado do libro, [...]

«BD: Os mellores de 2009»

Ese é o título do artigo que se publica hoxe en CulturaGalega.org, e no que aparecen tamén declaracións miñas sobre o máis destacábel do ano, no que atinxe á BD galega (autores, editoras). Aínda que por cuestións de estilo o artigo non vai asinado, quen está detrás do texto é Germám Ermida, un dos que [...]

Un par de columnas traducidas

Aunque lo normal en este blog es que los textos estén escritos en gallego (entre otros motivos, porque la gran mayoría de mis colaboraciones se publica en medios gallegos, y este blog básicamente se dedica a reproducir dichas colaboraciones), he traducido mi última columna (y otra, a la que remite esta), dado que ya son [...]

‘Dereitos electrónicos’, nova columna en CulturaGalega.org

Hoxe sae publicada a miña columna periódica (aparece aproximadamente cada dous meses, baixo a epígrafe de «Entre as viñetas») en CulturaGalega.org, o portal de actualidade cultural que auspicia o Consello da Cultura Galega e dirixe Manuel Gago (autor, dito sexa de paso, dun dos blogs máis interesantes e recomendábeis que se fan por estes lares, [...]

Ruth Matilda Anderson

Hai xa once anos quedara impresionado coa exposición que sobre Ruth Matilda Anderson estivera dentro do programa do Outono Fotográfico, daquelas organizada pola Consellería de Cultura. As imaxes tomadas por esta muller nas dúas expedicións por terras galegas organizadas pola Hispanic Society of America entre 1924 e 1926 abrían unha nítida fiestra cara ao pasado [...]

‘Que é BD?’, en CulturaGalega.org

Hoxe publicouse a nova columna da miña sección «Entre as viñetas» en CulturaGalega.org. Titúlase Que é BD?, e nela reflexiono brevemente sobre como as definicións que existen sobre a novena arte son bastante variábeis, e acerca de se non lle estaremos a dar demasiada importancia a esas cuestións clasificatorias.  En principio dubidei se tratar ou [...]

Go to Top