A nova entrega da miña columna «Entre as viñetas», que vén aparecendo cada cousa de dous meses en CulturaGalega.org, dedícase nesta ocasión a unha certa polémica provocada con motivo da exposición que sobre as Cantigas de Santa María (na súa parte ilustrada) preparou Breixo Harguindey para o pasado Salón de Cangas.
A min persoalmente resultoume sorprendente cando hai anos tiven coñecemento desta parte das Cantigas; parte que, polo menos na miña impresión, sempre quedara oculta pola estritamente textual e musical da obra. Aínda que poida parecer esaxerado, para min era pouco menos que conseguir un filme rodado nesa época; mentres isto era (loxicamente) imposíbel, resulta que a banda deseñada (substitúase por ‘arte narrativa’ ou polo que se prefira, segundo os escrúpulos metodolóxicos de cada un) si era perfectamente factíbel nese momento histórico. Quizá por iso me resultou especialmente ingrato ver críticas (aínda que sexa de forma indirecta) a alguén que tenta poñer luz sobre estas páxinas, especialmente porque esas críticas están feitas de forma (eu creo) moi mal argumentada, até o punto de que acusar así os demais de cometeren dislates é en si mesmo outro auténtico disparate. Neste tema, claramente, difiro de Pepo Pérez, cuxo blog tantas veces teño aconsellado.
A miña columna, en fin, está dispoñíbel aquí.

4 Comments

  1. Ollo de Vidro 5 de enero de 2011 at 7:29 pm - Reply

    Magnífica columna, concordo absolutamente coa letra e o espírito. Parabéns!

  2. Breixo 6 de enero de 2011 at 10:04 am - Reply

    Moi agradecido polo teu apoio, vello amigo. Concordo plenamente coa letra e sentido dos teus pensamentos. Por abondar, ando a pensar últimamente que no ámbito da crítica e teoría do cómic fainos falla tanto o rigor e a discriminación coma un certo espíritu heteroxéneo que permita expandir o espectro do noso medio.

    Outras disciplinas como a arquitectura veñen sufrindo nos últimos tempos unha ampliación do seu campo de estudo e aplicación para abranguer desde aspectos sociais e urbanísticos como, por metáfora, a arquitectura interna das plantas. Un bo exemplo deste espíritu heteroxéneo é o BLDGBLOG.

    ¿Poderíamos exercer este mesmo dereito á exploración heteroxénea na historieta sen diluila, por exemplo, dentro do ámbito dos medios narrativos? Se as Cantigas poderían ser a primeira letra Alpha dese novo panorama, gustaríame dar un novo motivo para a polémica apuntando unha Omega que nos proxecte cara o futuro: o mensaxe de Arecibo: https://es.wikipedia.org/wiki/Mensaje_de_Arecibo

    Poderíamos entrar en disquisicións sobre se o mesmo é narrativo ou alegórico pero a productividade do debate sobre o mesmo desde o punto de vista do cómic paréceme incuestionable: permite expandir o que entendemos por historieta como lenguaxe, literalmente, universal ¿Trataríase do primeiro cómic dixital ou electrónico? Outros exemplos poderían ser os manuas de isotipos de seguridade dos avións.

    Ven sendo hora dun cambio de mentalidade xeneracional menos centrado na substancia central do ser ou non ser das cousas e máis na exploración dos límites dos fenómenos que nos redescubran as potencias non realizadas do noso noveno arte.

    Un saúdo

  3. Bedetcétera 7 de enero de 2011 at 7:45 pm - Reply

    Graciñas polos vosos comentarios, Eduardo e Breixo. Breixo: un día con máis acougo comento as túas ideas; agora mesmo ando como se di "a salto de mata"… ;-)

  4. […] A semana pasada publicouse a miña nova columna da sección «Entre as viñetas», co título de A Historia e as fontes gráficas. O artigo veu motivado, como queda claro, pola visita á exposición As orixes do cómic en Galicia —o que, de paso, supuña a miña primeira vez na Cidade da Cultura, tema que deixaremos para outro día—. Ao non existir un catálogo da mostra, o acceso a algunhas das páxinas faise complicado (os audiovisuais propostos non son o camiño máis axeitado). Non obstante, abrir un estudo tan importante ao público xeral é un paso moi notorio, que, como comento no artigo, abre tamén as perspectivas sobre a nosa Historia, de modo semellante ao que indicaba hai un tempo con respecto ás Cantigas de santa María. […]

Leave A Comment

Comparte este artigo!