Logo Bedé Etcetera Blanco

A difusión do audiovisual

Na revista mensual Tempos Novos teñen aparecido algúns textos meus sobre cinema, e tamén sobre BD e caricatura. O último foi, en novembro de 2008 (n.º 138), este breve artigo respondendo á cuestion «Que males obstaculizan a proxección sociocultural do audiovisual galego?» dentro da sección da revista denominada «Tres en raia»; nela, tres persoas con [...]

BD en ‘Caña’

Antes do Viralatas houbo outro proxecto moi similar, que contaba ademais practicamente co mesmo equipo humano. Os problemas da empresa editora foron os que fixeron que a revista Caña, que así se chamaba, acabase no seu número 4 —antes houbera outra revista Caña patrocinada por unha coñecida marca de cervexas, mais esta nova estaba máis [...]

‘Ventura na illa de Hypnos’

Hai proxectos que dá unha rabia especial que non poidan saír adiante. Un dos que máis lamento que non chegase a bo porto é o da serie Ventura na illa de Hypnos, composta por capítulos que, a xeito de videoclip, ían contando historias do seu protagonista por medio de animación por computador. A serie supuña [...]

Bedé&cétera

Sempre pensei que eu non faría un blog persoal por falta de tempo. Existe unha «vía intermedia», non obstante: facer que o blog sexa un reflexo do que vou facendo en diversos medios. De momento, pois, a miña intención é publicar na web colaboracións que vou preparando en distintos medios, e tamén recuperar outras que [...]

Ir a Arriba