Non quedaba tan contento do resultado dunha mesa redonda desde había moito tempo. O xoves da semana pasada tomei parte na organizada en Valencia pola Apiv para a presentación do Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica (informe do que xa falei neste blog). É certo que a presentación en Santiago tamén estivera ben, pero esta saíu aínda mellor.
Na foto (xentileza de Verónica Leonetti), os participantes nesta ocasión: de esquerda a dereita , Pablo Auladell, Carlos Ortín, eu, Arnal Ballester y Rosa Serrano, xusto no momento do comezo (de aí esas caras tan serias e concentradas). Concordamos antes do acto que unha das ideas clave era non acabar no tradicional discurso choromiqueiro que fai que todo o mundo saia máis deprimido do que entrou, e penso que o conseguimos. Malia que a situación que estamos a albiscar podería ser cualificada de caótica, sen esaxerar —por exemplo, no mundo da edición, que é o que centrou boa parte do tempo, os ciclos insostíbeis dos que se fala no Informe están xa comezando a estoupar, e o mercado dixital ten aínda unha chea de incógnitas—, coido que conseguimos transmitir que todas estas incertezas traen tamén consigo unha morea de oportunidades novas, e que hai razóns para o optimismo (un maior control sobre a difusión das obras; a vida ilimitada dun libro, sexa virtualmente ou con impresión baixo pedido…). E, ante todo, que o sector da ilustración está atento aos cambios para actuar directamente.
A impresión que me produciu a participación do público, e o ambiente que percibín despois nos petiscos que se serviron no local da asociación, confirman que esta non foi unha mesa redonda máis, senón que serviu a moita xente para decatarse de que está a comezar unha nova etapa, chea de cambios substanciais. E eu creo que a min tamén me fixo máis consciente diso.
A impresión que me produciu a participación do público, e o ambiente que percibín despois nos petiscos que se serviron no local da asociación, confirman que esta non foi unha mesa redonda máis, senón que serviu a moita xente para decatarse de que está a comezar unha nova etapa, chea de cambios substanciais. E eu creo que a min tamén me fixo máis consciente diso.
Esperemos que si, que sea el comienzo de una nueva etapa. Veo que salió todo de lujo y que tuvisteis una afluencia de público más que interesante.
Abrazo
[…] e recomendábeis que se fan por estes lares, Capítulo 0). Nesta ocasión —e seguindo co tema que xa comentei días atrás— centreime na certa polémica existente arredor dos formatos do libro, entre tecnófilos e […]