Esta é unha das cousas que me ten ocupado estas últimas semanas, e unha das razóns polas cales este blog leva certo atraso na súa actualización. Mañá comezan as XXI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense (a web está ben curiosa este ano coa animación sobre o cartel orixinal de Martín Romero) e xusto esta fin de semana é cando se concentran as actividades cos convidados (Miguel Brieva, Juanjo Sáez, David Rubín, Alberto Vázquez e outros moitos). A revista oficial do evento, O Fanzine das Xornadas, que chega ao seu número 16 e que coordinamos de novo Óscar Iglesias e mais eu, pode descargarse desde aquí en formato pdf completamente gratis. As capas, así como a BD que abre o número, corresponden aos irmáns Hugo y Sergio Covelo, que por primeira vez en moitos anos traballaron man con man nas mesmas páxinas por encomenda nosa. Polo demais, artigos sobre as actividades da edición deste ano das Xornadas, e máis páxinas de BD galega de calidade: Alberto Vázquez, Cosme, Carlos Arrojo, José Domingo ou o propio Martín Romero.
Pois noraboa
As Expos do Principal, ben chulas.
Creo que dan para estar un `par de horas lendo… non so mirando
BEn escollidos os autores, dentro dunha sintonía ente Juanjo Saez e Miguel Brieva, de ser
Sinceiros e Críticos coa realidade que nos Afecta