(La versión en castellano de este ‘post’ puede leerse aquí: Jot Down Cómics n.º 8)
No novo número da revista anual Jot Down Cómics colaboro con recensións de dous fabulosos libros de banda deseñada: El pájaro y la serpiente, de Borja González, e La sangre de la virgen, de Sammy Harkham. Son dous dos setenta artigos sobre cómics de referencia do ano 2023, a cargo de membros das dúas entidades promotoras (a revista Jot Down e a ACDCómic), que se complementan neste número cunha extensa entrevista coas autoras Anapurna e María Medem, así como diversos artigos de fondo (neste caso, sobre a relación entre a historieta e a universidade, o cómic infantil español, a banda deseñada portuguesa e os superheroes alternativos).
Unha vez máis, a Jot Down Cómics (ata hai uns anos coñecida como Cómics Esenciales) constitúe unha plataforma excelente para observar o panorama da edición de banda deseñada a través de textos que suxiren temas e obras de todo tipo de temáticas e tendencias, sen desdeñar ningunha das parcelas do cada vez máis extenso abano de posibilidades ofrecido polas librarías e as bibliotecas.
A propósito, algunhas das miñas contribucións a números anteriores poden lerse gratuitamente na web da revista.