Sobre min

Nos noventa e os dous mil comecei no ámbito cultural coa xestión de actividades como as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense e o Cineclube Padre Feijoo. Despois, traballei profesionalmente como coordinador do Festival de Cine de Ourense durante tres edicións. Fundei con outros socios dúas pequenas empresas (Aira Iniciativas, de xestión cultural, e Difusora, editorial). Fun xerente da Federación de Asociacións de Profesionais da Ilustración (Fadip) durante catro anos, e secretario técnico da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) doce anos. Nos últimos anos, téñome centrado especialmente na tradución técnica e comercial e na corrección e revisión de textos para empresas nacionais e internacionais.

En todas estas facetas estiveron sempre moi presentes a coordinación de proxectos, a edición de materiais impresos e en páxinas web e, consecuentemente, os labores de redacción, corrección e tradución.

Fala comigo