O xoves pasado publicouse a miña nova columna «Entre as viñetas» en CulturaGalega.org. Estes días estiven a coordinar no centro Ágora un taller sobre cómic experimental —inspirado nas experiencias desenvolvidas polo Lab·Ou—, e esa é a razón de esta entrada chegar cun chisco de atraso.
O artigo, «Tão perto, tão longe», fala sobre a relación entre a BD galega e a portuguesa, e de como hai que seguir a facer esforzos por fomentala. Todo vén ao caso pola miña recente lectura do estupendo O Amor Infinito que te Tenho e Outras Histórias (Edições Polvo), de Paulo Monteiro, que aproveito para recomendar.

Leave A Comment

Comparte este artigo!