Libros destacados

O lume

(Demo, 2022)

Desde 2010 colaboro con Demo Editorial na revisión lingüística e de rotulación dos seus libros de cómic. En varios casos, realicei ademais a tradución a galego, como no grande éxito de David Rubín, publicado de forma coordinada coa edición de Astiberri en castelán.

Coruña Gráfica

(Demo, 2015)

Encargueime da coordinación desta guía bilingüe de cerca dunha centena de ilustradores da cidade da Coruña, con actualización e versión en inglés en liña en 2017.

Libros do Observatorio da Ilustración

(FADIP, 2009-2012)

Informe 2008, Los retos de la era digital e Nuevo libro blanco de la ilustración gráfica en España son tres libros publicados polo Observatorio da Ilustración Gráfica considerados fundamentais polos profesionais do sector. Coordinei os tres, e levei a cabo tamén neles labores de redacción.

As crónicas de Gáidil

(Difusora, 2007)

Con textos de Pablo Fernández Otero e Nacho Rodríguez Domínguez e ilustracións de Víctor Rivas, foi o primeiro xogo de rol publicado en galego. A coordinación editorial do proxecto e a corrección de textos correron ao meu cargo.

Portada do libro feismo, destruir un país

Feísmo? Destruír
un país

(Difusora, 2006)

Recibiu o premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia á Obra editorial do Ano e foi finalista dos Premios da Edición da Asociación Galega de Editores ao Libro do ano. Neste caso, levei a cabo a coordinación editorial e labores de transcrición, redacción e corrección.

Portada do Catálogo de músicos da Limia

Catálogo de músicos da Limia. Música tradicional

(Difusora, )

Volume dirixido por Cástor Castro, foi obxecto dun capítulo monográfico no programa Alalá da TVG. Fun responsable da coordinación editorial e a corrección de textos.

Portada do libro Nunca Máis

Nunca Máis. A voz
da cidadanía – Tomo 1

(Difusora, 2003)

Ambiciosa recompilación de todo tipo de documentos do movemento Nunca Máis en todas as súas facetas. No proxecto, a miña misión foi a coordinación editorial e o coidado dos textos.

Portada do libro Castelao no seu tempo

Castelao
no seu tempo: unha perspectiva ourensá

(Aira Iniciativas Culturais, 2001)

Neste libro, con artigos de Francisco Fernández del Riego, Henrique Monteagudo, Marcos Válcárcel e Afonso Vázquez-Monxardín, entre outros, fixen labores de coordinación editorial e revisión de textos.

Proxectos destacados

Etiquetas para o 110 Aniversario de Estrella Galicia

Para Demo Editorial, baixo a dirección artística de Manel Cráneo, levei adiante a coordinación técnica da realización das 110 etiquetas ilustradas por medio centenar de autores de renome, galegos e internacionais, que se empregaron en 220 millóns de botellas de cervexa Estrella Galicia ese ano.

Exposicións

Ao longo dos anos coordinei múltiples mostras, principalmente relativas a cómic e ilustración. 10 anos de BD galega (2007) tivo itinerancia por moi diversos lugares (A Habana, Lisboa, Angoulême, Bruxelas). Tamén estiven implicado en exposicións como as de Frei Martín Sarmiento e Antón Avilés de Taramancos para a Xunta de Galicia (2002-2003). A última ata o de agora, 100 anos da bandeira galega no palacio municipal da Coruña (2021), foi realizada dentro do proxecto Coruña Gráfica.

Portada do libro Levante, Maio

Foro dos Maios de Ourense e Foros do Feísmo

Nestas experiencias coordinouse a presenza de numerosos convidados para tratar de conseguir reflexións de calado (unha sobre etnografía, as outras sobre urbanismo) a partir de múltiples perspectivas, reflectidas despois en libros.

Festival de Cine de Ourense

Fun coordinador técnico do festival en tres edicións, e responsable das  publicacións en dúas edicións máis.

Cineclube Padre Feijoo

Nesta veterana institución audiovisual ourensá coordinei a programación cinematográfica e as actividades. Tamén exercín o papel de presidente da Federación de Cineclubes de Galicia durante catro anos.

Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

Festival precursor do cómic en Galicia, onde ademais coordinei a Exposición Internacional de Fanzines (Expofanzines), co seu catálogo anual, e mais O Fanzine das Xornadas, a revista galega de BD máis lonxeva ata o momento.

Falamos?

Sexa cal sexa o teu proxecto, ponte en contacto e vemos como podemos colaborar.