O anuario Cómics esenciales, que, publicado por Jot Down en colaboración coa ACDCómic, chegou a catro edicións, cambiou este ano de nome, e agora titúlase Jot Down Cómics. Recolle a experiencia dos anuarios e por iso comeza directamente no número 5. A nova etapa conta cun maior aparato gráfico que inclúe páxinas de exemplo de moitos dos libros que reciben recensión, e minirrecensións doutros títulos. A estrutura xeral, porén, é moi similar. Segue a haber artigos de fondo e unha ampla entrevista con dous autores, nesta ocasión con Sara Jotabé e Álvaro Ortiz (que ademais son autores da capa do volume).

Como nos anteriores anuarios, colaborei con dous artigos. Un, en referencia a Epiphania, de Ludovic Debeurme, e outro acerca de La soledad del dibujante, de Adrian Tomine.

A flamante Jot Down Cómics ten ademais unha web propia, na que se foron publicando xa artigos do anuario 2019 e no que se publicarán tamén os deste ano e posteriores.

Actualización. Entre os artigos asinados por min publicados ata o momento na web, pode lerse xa libremente o de Epiphania.

Leave A Comment

Comparte este artigo!