(Sorry, there is no English version for this post. Alternatively, you can find the Spanish version here)

A revista anual Jot Down Cómics —que, lembremos, recibiu durante as súas primeiras entregas o título de Cómics Esenciales— chegou ao seu sexto número. O anuario, promovido pola revista Jot Down e mais ACDCómic (Asociación de Críticos y Divulgadores del Cómic), ofrece unha oportunidade de repasar o mellor do material publicado en España durante 2021, ou polo menos boa parte do mellor. Os «cómics de referencia» en setenta recensións amplas (títulos que se corresponden cos «Esenciales» que semestralmente seleccionan os membros da asociación) e outras tantas recensións curtas, ademais dunha listaxe de obras teóricas sobra banda deseñada publicadas no ano e unha extensa entrevista de Gerardo Vilches a Ana Penyas e Javier Olivares (asemade, autores conxuntos da portada deste número).

Nesta ocasión, encargueime das recensións dos estupendos volumes Fiuuu & Graac (de Max) e Justin (de Julien Frey e Nadar).

Actualización [maio de 2023]: xa se poden ler as miñas recensións tamén na web da revista, aquí e mais aquí.

Leave A Comment

Comparte este artigo!