Logo Bedé Etcetera Blanco

‘BINOMIOS FANTÁSTICOS’, DE MIGUEL ROBLEDO

[Texto en castellano debajo]   A obra de Miguel Robledo é aínda unha gran descoñecida para o gran público, por desgraza. A súa única monografía, Vilaverzas (Faktoría K de Libros, 2006, recompilación de parte das BD publicadas previamente na revista Golfiño) está descatalogada; o seu traballo tense repartido desde os noventa por libros de texto, producións [...]

‘MARTÍN BERASATEGUI Y DAVID DE JORGE’, DE JAVIRROYO

[Texto en castellano debajo] Non descubro nada se digo que a alta cociña leva uns anos de moda, a través (nomeadamente) de programas televisivos de máxima audiencia, aínda que quizá ollada en moitos casos dunha perspectiva negativa, de ambiente competitivo e mesmo de narcisismo non disimulado. Moi lonxe, pois, do espírito de creatividade, vitalidade e [...]

‘A LONGA HISTORIA DA BD’

[Tiña pendente de publicar este artigo, pensado inicialmente para outro lugar. Disque máis vale tarde... — Versión en castellano al final del ‘post’] A longa historia da BD Henrique Torreiro A humanidade ten usado as narracións gráficas desde antigo, mais non necesariamente dentro dunha liña evolutiva concreta  O libro Narraciones gráficas — Del códice medieval [...]

‘Novela gráfica’, en CulturaGalega.org

Hoxe sae publicada a miña nova columna «Entre as viñetas», que aparece aproximadamente cada dous meses dentro da área de opinión do portal CulturaGalega.org. Nestas últimas semanas lin o libro de Santiago García La novela gráfica, e, aínda que globalmente debo dicir que me decepcionou un pouco, a súa lectura absorbeume até tal punto que, [...]

BD en ‘Viralatas’ nº 5

Xa está editado o novo número de Viralatas, correspondente a decembro (á parte de encontralo gratuitamente en cafés, tendas e librarías das sete cidades galegas, tamén pode ser baixado en formato pdf. Nesta ocasión colaboro cunha entrevista a Alex Cal —que está a ter as súas primeiras experiencias no mercado norteamericano do cómic—, e coas [...]

BD en ‘Viralatas’ 4

Cun atraso maior do habitual na actualización deste blog, en parte debido a isto e a isto outro, volvo coas recensións que fixen para o número 4 de Viralatas (outubro-novembro), que acaba de saír publicado. Como de costume, a revista pode conseguirse gratuitamente en moitos locais das cidades galegas, e ademais descargarse de balde desde [...]

Máis recomendacións de BD

No número dous da revista Caña (xullo-agosto 2008) publiquei estas recensións de álbums de banda deseñada; aínda que xa pasase un ano desde entón, ambos os libros seguen a ser igualmente recomendábeis. De inicio poden parecer propostas un pouco duras —a primeira, pola súa densidade; a segunda, curiosamente, pola súa falta de texto—, mais vale [...]

BD no ‘Viralatas’ n.º 3

E, como dicía no anterior post, este número de agosto-setembro de Viralatas —que, insisto, pode baixarse enteiro en formato pdf desde aquí [Actualización: a web de Viralatas xa non existe, pero pode descargarse a páxina das recensións desde estoutra ligazón]— tamén inclúe a miña sección de banda deseñada, con catro títulos destacados entre novidades e [...]

Go to Top