(La versión en castellano de este post puede leerse aquí)

Unha ilustración feita a catro mans por Mayte Alvarado e Borja González é a portada do novo número da revista anual Jot Down Cómics. Ademais dunha extensa entrevista con estes dous autores, a cargo de Iván Galiano e Iria Ros, a revista recolle recensións dos cómics de referencia de 2022: cento corenta, a metade delas con amplitude e páxinas de exemplo.

Deste xeito, a revista segue a ser un anuario da banda deseñada publicada en España (lembremos que primeiramente se denominou Cómics Esenciales), e nela participan membros das dúas entidades promotoras, a revista Jot Down e mais a Asociación de Críticos y Divulgadores del Cómic (ACDCómic). Nesta ocasión, como membro desta última, encargueime das recensións de dúas obras de cariz moi diverso: a divertidísima Calavera Lunar, de Albert Monteys, e o estupendo ensaio en cómic La falla, de Carlos Spottorno e Guillermo Abril.

Leave A Comment

Comparte este artigo!