Logo Bedé Etcetera Blanco

‘Os futuros da BD no dixital’, en CulturaGalega.org

Hoxe sae publicada a miña nova columna para CulturaGalega.org. Os grandes cambios que paseniñamente (ou non tanto) vai producindo o asentamento do libro dixital son, de novo, obxecto da miña reflexión. Sendo como son un amante da BD e da animación, non acabo de entender por que hai quen considera que, nos tempos actuais, todo [...]

‘En positivo’, en CulturaGalega.org

A miña columna de hoxe para CulturaGalega.org, baixo o título En positivo, afonda na temática iniciada na anterior entrega: os novos tempos da BD galega —en xeral, tan bos, a pesar de que a crise e os recortes dean algúns desgustos— traen tamén consigo a necesidade de revisión de moitas prácticas e inercias adquiridas co [...]

‘A vizosa BD galega’, en CulturaGalega.org

A sección de opinión do portal CulturaGalega.org recolle hoxe unha nova entrega da miña columna «Entre as viñetas».Estas últimas semanas colaborei nos labores de edición de tres obras de BD que constitúen as novidades de Demo Editorial (a iniciativa que dirixe o bo amigo Manel Cráneo) para este verán: Cabana de Balieiros, de Tokio; A [...]

‘Translacións entre medios’, en CulturaGalega.org

A nova entrega da miña columna «Entre as viñetas», co título de Translacións entre medios, aparece hoxe en CulturaGalega.org. Nesta ocasión, volvo tocar o tema das relacións entre cinema e banda deseñada, visto que o panorama foi cambiando bastante nos últimos anos. Entre os filmes de Tintín dos anos sesenta e a triloxía que preparan [...]

‘BENITO LOSADA’, EN CULTURAGALEGA.ORG

A miña columna «Entre as viñetas», en CulturaGalega.org, dediqueilla hoxe a Benito Losada, compañeiro de proxectos durante vinte anos, amigo e mestre, que nos deixou recentemente. Quédanos, e iso é o que hai que pensar, a súa obra, o seu legado, que non por non ser un autor propiamente dito deixa de ser importante, nin [...]

‘A propósito das Cantigas’, en CulturaGalega.org

A nova entrega da miña columna «Entre as viñetas», que vén aparecendo cada cousa de dous meses en CulturaGalega.org, dedícase nesta ocasión a unha certa polémica provocada con motivo da exposición que sobre as Cantigas de Santa María (na súa parte ilustrada) preparou Breixo Harguindey para o pasado Salón de Cangas.A min persoalmente resultoume sorprendente [...]

‘Compartir lecturas’ en CulturaGalega.org

Moito choio e pouco tempo nestas últimas semanas para comentar acerca das XXII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que se desenvolveron na primeira quincena de outubro (coa edición do número 17 do seu Fanzine, hoxe por hoxe a publicación galega máis lonxeva dedicada á BD, se ninguén o remedia), nin do Club de Lectura [...]

‘Novela gráfica’, en CulturaGalega.org

Hoxe sae publicada a miña nova columna «Entre as viñetas», que aparece aproximadamente cada dous meses dentro da área de opinión do portal CulturaGalega.org. Nestas últimas semanas lin o libro de Santiago García La novela gráfica, e, aínda que globalmente debo dicir que me decepcionou un pouco, a súa lectura absorbeume até tal punto que, [...]

‘La nueva «cadena de valor» de la edición’ (castellano)

Como ya hice en otra ocasión, traduzco a castellano el texto de mi última columna, con un pequeño añadido a modo de actualización.La nueva «cadena de valor» de la ediciónHENRIQUE TORREIROEs preciso analizar los nuevos lugares de los intervinientes en el proceso editorial.Lo único cierto de todo el asunto del advenimiento del libro digital es [...]

‘A nova «cadea de valor» da edición’, en CulturaGalega.org

Onte saíu publicada a nova entrega da miña columna «Entre as viñetas», en CulturaGalega.org, e nela volvín de novo co tema da edición e o libro dixital. Supoño que moitos lectores considerarán unha praga todos estes artigos sobre un tema que hoxe por hoxe parece absolutamente minoritario, cando non unha excentricidade; porén, non está de [...]

Go to Top