Logo Bedé Etcetera Blanco

‘Editar en tempos de mudanzas’, nova columna en CulturaGalega.org

Había xa demasiado tempo que non actualizaba o blog —nos parámetros temporais da internet, unha eternidade—, e hoxe é un día inmellorábel para facelo, dado que apareceu a miña nova columna de opinión en CulturaGalega.org, que pode lerse aquí. Continúo nela co tema da edición, analizando brevemente como está a funcionar o mercado do libro, cunhas [...]

«BD: Os mellores de 2009»

Ese é o título do artigo que se publica hoxe en CulturaGalega.org, e no que aparecen tamén declaracións miñas sobre o máis destacábel do ano, no que atinxe á BD galega (autores, editoras). Aínda que por cuestións de estilo o artigo non vai asinado, quen está detrás do texto é Germám Ermida, un dos que [...]

Un par de columnas traducidas

Aunque lo normal en este blog es que los textos estén escritos en gallego (entre otros motivos, porque la gran mayoría de mis colaboraciones se publica en medios gallegos, y este blog básicamente se dedica a reproducir dichas colaboraciones), he traducido mi última columna (y otra, a la que remite esta), dado que ya son [...]

‘Dereitos electrónicos’, nova columna en CulturaGalega.org

Hoxe sae publicada a miña columna periódica (aparece aproximadamente cada dous meses, baixo a epígrafe de «Entre as viñetas») en CulturaGalega.org, o portal de actualidade cultural que auspicia o Consello da Cultura Galega e dirixe Manuel Gago (autor, dito sexa de paso, dun dos blogs máis interesantes e recomendábeis que se fan por estes lares, [...]

BD en ‘Viralatas’ nº 5

Xa está editado o novo número de Viralatas, correspondente a decembro (á parte de encontralo gratuitamente en cafés, tendas e librarías das sete cidades galegas, tamén pode ser baixado en formato pdf desde aquí [3,65 Mb]). Nesta ocasión colaboro cunha entrevista a Alex Cal —que está a ter as súas primeiras experiencias no mercado norteamericano [...]

BD en ‘Viralatas’ 4

Cun atraso maior do habitual na actualización deste blog, en parte debido a isto e a isto outro, volvo coas recensións que fixen para o número 4 de Viralatas (outubro-novembro), que acaba de saír publicado. Como de costume, a revista pode conseguirse gratuitamente en moitos locais das cidades galegas, e ademais descargarse de balde desde [...]

‘Que é BD?’, en CulturaGalega.org

Hoxe publicouse a nova columna da miña sección «Entre as viñetas» en CulturaGalega.org. Titúlase Que é BD?, e nela reflexiono brevemente sobre como as definicións que existen sobre a novena arte son bastante variábeis, e acerca de se non lle estaremos a dar demasiada importancia a esas cuestións clasificatorias. En principio dubidei se tratar ou non [...]

’Informe 2008’ do Observatorio da Ilustración

Outro dos asuntos que me tivo ocupado durante os últimos meses —e seguirá a ocuparme— é a coordinación e a edición deste Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica, que xa se pode adquirir en papel ou baixar de forma gratuíta en formato PDF. Quedei contento co resultado, e espero que sexa útil na reflexión [...]

‘O Fanzine das Xornadas’

Esta é unha das cousas que me ten ocupado estas últimas semanas, e unha das razóns polas cales este blog leva certo atraso na súa actualización. Mañá comezan as XXI Xornadas de Banda Deseñada de Ourense (a web está ben curiosa este ano coa animación sobre o cartel orixinal de Martín Romero) e xusto esta [...]

Violencia impresa

En 2007 propuxéronme, desde a publicación feminista Festa da Palabra Silenciada, dirixida por María Xosé Queizán, un artigo sobre a violencia nos cómics. Supoño que poderá dicirse que no meu texto saín un pouco «pola tanxente», xa que falei dos medios en xeral [refírome á ficción; outro día habería que reflexionar tamén sobre o que [...]

Go to Top